Récord de participación na nova edición da campaña de verán Quincenas Fantásticas da ABE

17 Xullo 2023

Na mañá deste luns 17 de xullo a sede da patronal de Boiro (ABE) acolleu o sorteo dos premios da primeira das quincenas da campaña de verán da asociación (Quincenas Fantásticas). Fíxose entre os 1386 tíckets de compra rexistrados polos clientes dos negocios asociados entre o 1 e o 15 de xullo.

A ABE explicou que “os 1.386 rexistros supoñen un novo récord da campaña na primeira quincena da mesma superando os 520 da edición de 2021 e os 621 da edición de 2022”.

A xuízo da entidade que preside Daniel García, os devanditos datos “respaldan unha vez mais a aposta feita pola ABE na dixitalización en materia de promoción comercial e consolidan unha tendencia á alza na participación dos seus clientes nos sorteos que organiza”.

Premios, premiados e establecementos.

-250 euros. Francisco Vilas. Baldani Concept Store.

-150 euros. Pilar Piñeiro. Panadería La Espiga.

-100 euros. Yolanda Fungueiriño. Deportes Sr. Balón.

-Bicicleta. Iván García. Paquetería Josefina.

A ABE contactará coas persoas premiadas e realizará a entrega dos premios despois do segundo sorteo xuntando aos galardoados e ambas quincenas.

Próximos sorteos

A campaña Quincenas Fantásticas segue en marcha ata o 31 de agosto e aínda se van sortear 500 € e 1 bici ao remate de cada unha das 3 quincenas restantes do verán (1 premio de 250, 1 premio de 150 e 1 premio de 100 euros + a bici) e un premio especial de 1.000 e para un único agraciado no que participarán todos os rexistros do verán.

Para participar os clientes deben realizar unha compra nun establecemento asociado a ABE e rexistrala en www.abe.gal. A campaña está co-financiada pola Xunta de Galicia.

Sorteos cada quincena

Tíckets rexistrados do 1 ao 15 de xullo >> sorteo o 17 de xullo

Tíckets rexistrados do 16 ao 31 de xullo >> sorteo o 1 de agosto

Tíckets rexistrados do 1 ao 15 de agosto >> sorteo o 16 de agosto

Tíckets rexistrados do 16 ao 31 de agosto >> sorteo o 1 de setembro

Daniel García, presidente da ABE, e José Ramón Romero, alcalde de Boiro, na presentación da campaña

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.