Aproveitando o encontro sectorial de pesca celebrado esta mañá en Porto do Son, tanto o ex alcalde Manuel Ruiz como a actual voceira do Grupo Popular Municipal de Ribeira, María Sampedro, tiveron ocasión de abordar co novo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, a ocupación do chan portuario por parte dos feirantes nas próximas festas do mes de agosto, despois de que esta mesma mañá tivera lugar unha reunión entre membros de Portos e técnicos municipais sobre este asunto.
Durante esta conversación, Ruiz e Sampedro lembráronlle ao presidente de Portos o compromiso adoptado fai un mes por parte do Ente Público a petición do executivo local para que, de forma excepcional, os feirantes puideran ocupar este ano o solo portuario nas mesmas que nas festas do
2022.
José Antonio Álvarez manifestou que, aínda que non está tomada unha decisión definitiva, a intención de Portos pasa efectivamente por que os postos e atraccións se poidan instalar nas mesmas zona e nos mesmos puntos que o ano pasado, coas excepcións derivadas de ter que salvagardar de forma efectiva a seguridade portuaria.
Os populares manifestan a súa sorpresa no que “ante unha reunión tan importante para a economía dos feirantes, o novo goberno non se dirixira en ningún momento ao anterior Executivo para interesarse polas xestións efectuadas ao respecto cando estaban dispostos a prestar a máxima colaboración”.




