Outes acolle entre os días 28 e 30 de xullo un campamento voluntariado ambiental para a rexeneración no río Tins

14 Xullo 2023

Entre os días 28 e 30 de xullo vaise desenvolver na Serra de Outes, ao abeiro do proxecto de dinamización e rexeneración ambiental do concello, o Campamento de Voluntariado do Río Tins. Durante as ditas tres xornadas as voluntarias participantes coñecerán de primeira man a situación do treito urbano do dito curso fluvial e contribuirán activamente á súa “renaturalización, eliminando especies exóticas invasoras, limpando a ribeira e formándose en mini-obradoiros”.

Habilitarase unha zona de acampada tanto para as voluntarias que se acheguen de fóra de Outes como para as veciñas que queiran gozar do Tins “dun xeito distinto nestas xornadas”, explicaron os responsábeis do proxecto, engadindo que a iniciativa está aberta a participantes maiores de 18 anos e a familias con menores de calquera idade. Para máis información ou para inscribirse débese enviar un correo a info@montescola.org O prazo de inscrición finaliza o 25 de xullo.

O programa provisional pode consultarse a continuación e o contido dos mini-obradoiros de formación anunciarase nas vindeiras semanas:

Programa

Venres 28

08:00 Recepción de participantes e instalación de tendas (para quen acampe).

19:00 Benvinda, presentación do proxecto ReNatur_Outes e explicación do programa.

19:30 Roteiro polo Tins e identificación das zonas de intervención do acampamento.

21:00 Convivio.

Sábado 29

08:00 Almorzo.

09:00 Inicio dos traballos de voluntariado ambiental.

11:00 Pausa (con froita e café).

14:00 Comida de convivio.

16:00-19:30 Tempo de lecer para descubrir o Tins.

19:30-21:00 Mini-obradoiros de formación.

21:00 Convivio.

Domingo 30

08:00 Almorzo.

09:00 Inicio dos traballos de voluntariado ambiental.

11:00 Pausa (con froita e café).

14:00 Comida de convivio.

16:00-19:30 Visita guiada ás Fervenzas de San Paio.

19:30 Despedida (até a próxima!).

Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización medioambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito “non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un año más en mi vida” – Manuel Domínguez

“Un año más en mi vida” – Manuel Domínguez

Una mente ignara, retrograda y obsoleta podría decir, eres un año más viejo. Pues no, soy muchos años más joven. He tenido que recuperar cuentos de la infancia, he tenido que volver practicar la pintura, que bien manejaba en mi juventud, he tenido que recuperar juegos...