Os efectivos antiincendios galegos refórzanse con 30 patrullas do exército e dous equipos de mantemento móbil

28 Xullo 2023

Un total de 30 patrullas do Exército e dous equipos de mantemento móbil súmanse aos efectivos antiincendios da Xunta para reforzar a vixilancia, a disuasión e a identificación dos potenciais axentes dos lumes forestais. Así o destacou este venres 28 de xullo o conselleiro do Medio Rural, José González que, acompañado por Manuel Rodríguez, director xeral de Defensa do Monte, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, presidiu a presentación das tropas da Operación Centinela Gallego, no marco dun convenio entre o Goberno galego e o Ministerio de Defensa.

No acto, o conselleiro destacou que “30 patrullas terrestres e dous equipos de mantemento móbil despregaranse nos montes galegos no marco deste operativo, que se renova un ano máis”. O obxectivo é que “a presenza de medios militares contribúa a atallar lumes e actividades incendiarias, ao supor un aumento do número de efectivos sobre o territorio, co consecuente reforzo da vixilancia e da disuasión”.

Nesa liña, o titular do Medio Rural lembrou que os efectivos das Forzas Armadas incorpóranse ao operativo co “obxectivo de mellorar a seguridade das persoas e dos bens e, en xeral, a protección e defensa da riqueza forestal da nosa comunidade fronte a ameaza dos lumes”. Dentro deses efectivos, contamos coa Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO), creada no ano 2021, que traballa para esclarecer as circunstancias dos lumes.

No eido tecnolóxico, o dispositivo conta con drons despregados polo territorio e cámaras de última xeración na rede de vixilancia fixa, provistas dunha tecnoloxía especialmente deseñada para exteriores e vixilancia forestal que é capaz mesmo de identificar matrículas de vehículos nas pistas.

Ademais de agradecer o labor de todos os efectivos contra o lume que operan baixo o mando único da Xunta, José González aproveitou para volver apelar á prudencia e á colaboración cidadá. Nesa dirección, lembrou que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal. Así mesmo, está dispoñíbel o teléfono anónimo e gratuíto 900 815 085, para denunciar calquera actividade incendiaria delituosa da que se teña sospeita ou coñecemento.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.