O proxecto de renovación da rúa da Cambra (Palmeira) recibe doce ofertas

04 Xullo 2023

Concluído o prazo de presentación de ofertas foron 12 as empresas interesadas na actuación consistente na renovación de servizos e pavimentación da rúa da Cambra, localizada na parroquia de Palmeira (Ribeira).

O Concello explica que o proxecto ten un orzamento de 82.069,87 euros e un prazo de execución de tres meses. A rúa en cuestión conta na actualidade “cun pavimento de formigón bastante deteriorado e ademais os servizos urbanos de auga para consumo, saneamento e pluviais son moi antigos”, apuntan fontes do Consistorio.

O proxecto elaborado prevé mellorar as condicións de accesibilidade e funcionalidade da rúa creando unha plataforma única na que vehículos e peóns circulen na mesma cota, dando prioridade ao tránsito peonil. Con tal motivo substituirase o firme actual por un novo pavimento de formigón no que se intercalarán franxas transversais de lousas de granito.

Tamén serán renovados, mellorados e modernizados os servizos de saneamento, pluviais e abastecemento de auga para consumo.

O investimento foi incluído no Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2022.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.