O Goberno de Ribeira e as confrarías xuntan forzas para arranxar a problemática dos roubos dos portos

18 Xullo 2023

Ante o problema crecente dos roubos nos portos do municipio de Ribeira e a necesidade de atallalos, e tendo en conta as importantes perdas económicas que aqueles están a causar entre as persoas traballadoras do mar, as tres confrarías locais e o novo Goberno ribeirense mantiveron unha xuntanza de traballo este luns 17 de xullo. Na reunión estiveron presentes o alcalde Luís Pérez Barral, o tenente de alcalde Vicente Mariño, o edil de Mar Fernando Abraldes, o patrón maior de Ribeira José Antonio Pérez, o de Aguiño José Antonio Santamaría e o de Palmeira Miguel Franco.

Os patróns manifestaron que son conscientes da responsabilidade de Portos á hora de atallar a vaga de roubos (que se está a intensificar esta tempada) perpetradas contra as propiedades dos mariñeiros, pero pediron a colaboración do Concello para que “haxa maior presenza policial e vixilancia nos peiraos que evite que os ladróns leven os aparatos electrónicos valorados en miles de euros, pero tamén outros como aparellos de pesca ou roupa”.

O rexedor ribeirense informou de que xa lle trasladou este problema ao presidente de Portos de Galicia para ver como se pode atallar. Barral considerou que “sería positivo que houbese un sistema de cámaras de vídeo-vixilancia e que houbese unha quenda de gardapeiraos que fixese roldas nocturnas”.

Na xuntanza mantida coas confrarías acordaron convocar o Consello Sectorial de Pesca ao que van convidar ao conselleiro de Mar e ao presidente de Portos para que visiten Ribeira e coñezan o problema de primeira man para logo tomar as medidas necesarias que resolvan o problema.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...