O director xeral de Comercio, Manuel Heredia, visita a sede da ABE

28 Xullo 2023

Na mañá deste venres 28 de xuño a sede da ABE recibiu a visita do director xeral de Comercio, Manuel Heredia, que mantivo unha xuntanza co presidente, Daniel García e co xerente, Tomás Estévez para analizar a situación do sector comercial e coñecer de primeira man o traballo que se está a desenvolver dende o centro comercial aberto boirense.

Por espazo de mais de dúas horas o director xeral analizou cos representantes da ABE tanto a situación xeral do sector, con temas tan importantes como a lexislación sobre rebaixas, a venda online e a dixitalización dos comercios a outros mais particulares como as posibilidades de mellora da orde de axudas CO300A da que a patronal de Boiro é unha das entidades beneficiarias. Sobre este último punto centrouse boa parte da xuntanza buscando posibilidade de mellora da orde que entre outros conceptos subvenciona parte das campañas de promoción comercial que organiza a ABE como a actual das Quincenas Fantásticas ou mesmo o sistema de fidelización que xa conta con mais de 1.800 usuarios.

O presidente da ABE aproveitou a visita para mostrar a Heredia as aulas de formación nas que proximamente poderán desenvolverse cursos de formación específicos para comerciantes e ademais trasladoulle a necesidade de “seguir apostando polos Bonos Activa Comercio que supoñen un impulso para o comercio local en meses de baixa demanda xa que inxectaron mais de 12 millóns de euros nos negocios participantes”.

Pola súa banda Manuel Heredia, explicou a visión da Dirección Xeral de Comercio sobre o panorama comercial en Galicia con obxectivos como a profesionalización do tecido asociativo a mellora na dixitalización e a aposta pola formación. Para finalizar a xuntanza quixo poñer en valor o traballo da asociación e a calidade do comercio de Boiro sinalando a ABE como “unha das entidades de referencia no panorama asociativo da Comunidade”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.