O Concello de Ribeira anuncia recomendacións para o caso de que comece a folga do lixo

18 Xullo 2023

Ante a convocatoria de folga efectuada para o próximo día 20 de xullo polos representantes dos traballadores da empresa URBASER S.A., actual concesionaria do servizo público de recollida do lixo no concello de Ribeira, o Goberno local solicitou a colaboración da veciñanza atendendo ás seguintes recomendacións:

-Toda a veciñanza debe reducir a produción de lixo o máximo posíbel.

-Non debemos sacar as bolsas de lixo á rúa ata o día establecido nos servizos mínimos, pois ata entón non se van recoller os colectores. Así mesmo, evitarase o depósito de móbeis e trebellos na rúa.

-Os restos de comida, especialmente de peixe e semellantes, deben introducirse en dobre bolsa, asegurar a súa hermeticidade e mantelos nun lugar fresco, a poder ser refrixerado, ata o día establecido para a recollida a fin de evitar molestias.

-Non debemos utilizar os colectores fóra dos días establecidos como servizos mínimos agás en casos de extrema necesidade (saída de viaxe, imposibilidade material de manter as bolsas no domicilio, etc.).

-Durante a folga prestaranse exclusivamente os servizos mínimos seguintes:

Carga lateral:

Zona Ribeira: Recollida luns, mércores, venres e sábado priorizando os lugares onde se celebren festas, en horario diúrno.

Zona Aguiño, Castiñeiras, Carreira e adxacentes: Recollida luns e venres, priorizando os lugares onde se celebren festas, en horario diúrno.

Zona Palmeira, Oleiros, Bretal e adxacentes: Recollida mércores e sábado, priorizando os lugares onde se celebren festas, en horario diúrno.

Zona Corrubedo, Artes, Sirves, Olveira e adxacentes: Recollida martes e venres, priorizando os lugares onde se celebren festas, en horario diúrno.

Carga traseira

Zona Ribeira: Recollida luns, mércores, venres e sábado, priorizando os lugares onde se celebren festas, en horario diúrno.

Zona Aguiño, Castiñeiras, Carreira e adxacentes: Recollida luns e xoves, priorizando os lugares onde se celebren festas, en horario diúrno.

Zona Palmeira, Oleiros, Bretal e adxacentes: Recollida martes e venres, priorizando os lugares onde se celebren festas, en horario diúrno.

Zona Corrubedo, Artes, Sirves, Olveira e adxacentes: Recollida mércores e sábado, priorizando os lugares onde se celebren festas, en horario diúrno.

En todos os casos deberá priorizarse a recollida en: Hospital da Barbanza, centros de saúde, centros sanitarios privados, escolas infantís, colexios e centros da terceira idade, centros de diversidade funcional, mercados, supermercados, zonas de ocio e de concentración de bares e restaurantes. Os días establecidos, por semana, son os mínimos necesarios para garantir a saúde da poboación especialmente vulnerábel: nenos, anciáns enfermos ou persoas asistidas.

Pola Alcaldía informarase puntualmente, a través de bandos, das novas que se vaian producindo. Aínda así, para calquera información ou emerxencia relacionada con este servizo poderanse utilizar os seguintes teléfonos: Empresa concesionaria do servizo 900 104 883
Concello de Ribeira 981 835 417

O Concello engade que “ante a falta de prestación deste servizo básico, esencial para todos os veciños, ao exercer os traballadores de URBASER, S.A. o seu lexítimo dereito de folga, só coa colaboración de todos será posíbel manter unhas condicións mínimas de salubridade”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.