Máis de corenta nadadores participaron na quinta edición da Arousaman-Arousawoman

29 Xullo 2023

V Travesía Arousaman – Arousawoman.

Máis de corenta nadadores participaron na quinta edición da Arousaman-Arousawoman que se desenvolveu entre praias de Confín, no Grove, e de Coroso, en Ribeira. A proba busca visibilizar o dano cerebral adquirido e celebrou a súa quinta edición .

A travesía marítima comezou no Grove preto das 9.00 horas, momento no que 44 nadadores se mergullaron nas augasdirección á capital de Barbanza. O traxecto tivo unha duración de cinco horas.

A proba desenvolveu o seu primeiro tramo baixo a choiva e a auga fría que non deixou de facer efecto nos participantes, un factor que se agravou ao chegar á illa de Santa Uxía de Rúa, na que o vento do nordeste fixo acto de presenza. En total, 17 deportistas lanzáronse á auga sen neopreno poñendo a proba as súas capacidades. Un dos participantes tivo que abandonar a metade de camiño por sufrir un principio de hipotermia.
Preto das 14.30 chegaron á praia de Coroso. Durante a probe estiveron presentes 107 voluntarios repartidos entre terra e mar, Gardacostas de Galicia, Cruz Vermella, Salvamento Marítimo e as proteccións civís do Grove e Ribeira.

O goberno local de Ribeira apoiou a proba deportiva solidaria Arousaman – Arousawoman. O alcalde Luís Pérez e o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, estiveron recibindo os nadadores e nadadoras aos que parabenizaron por participar nesta proba que pretende visibilizar o Dano Cerebral Adquirido. O rexedor amosou o agradecemento á xente de Arousaman e da Asociación de Dano Cerebral Sarela pola organización da actividade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.