Máis de 15.000 atletas de todas as idades participaron no Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña. Entre gañadores Ribeira e Noia

07 Xullo 2023

 Entre os participantes estaban nas categorías de menores, os galardóns para os equipos femininos foron para o Club de Atletismo Noia e nos equipos masculinos gañadores o Natación Ribeira

A deputada de Deportes en funcións da Deputación da Coruña, Cristina Capelán, o presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín, e o deputado provincial e alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, participaron esta na tarde no Pazo de Vilaboa (Culleredo) no acto de entrega dos premios do VIII Circuíto Provincial de Carreiras Populares.

A Deputación e Federación Galega de Atletismo colaboraron na organización das 30 carreiras do circuíto noutros tantos municipios coruñeses.

Entre os máis de 15.000 corredores que participaron nas carreiras, proclamáronse vencedores na categoría absoluta masculina  Amador Pena (SD Compostela) e na feminina Rocío Alvite Fereriro (Club Atletismo Sar).

Foron premiados tamén outro medio centenar de atletas que obtiveron as mellores puntuacións nas diferentes categorías, desde benxamíns ata veteranos.

No pódium por equipos, o Club Atletismo Sar proclamouse vencedor tanto da categoría absoluta masculina como da feminina. A SD Compostela Atletismo clasificouse segunda na categoría masculina e feminina e a Asociación Deportiva Olimpia, terceira,

En canto ás categorías de menores, os galardóns para os equipos femininos foron para o Club de Atletismo Noia, Asociación Deportiva Olimpia e SD Compostela, mentres que os equipos masculinos gañadores foron Natación Ribeira, Asociación Deportiva Olimpia e SD Compostela Atletismo.

Cristina Capelán felicitou ás gañadoras e gañadores e agradeceu a gran participación coa que contaron todas as carreiras, así como a extraordinaria labor de organización e coordinación das probas que leva a cabo a Federación Galega de Atletismo, para posibilitar que no circuíto poidan participar o máximo número de concellos e de deportistas de todas as idades.

Capelán anunciou que a próxima edición do Circuíto de Carreiras Populares  contará con 35 probas e que, desde a área de Deportes da Deputación, esperan incrementar os 15.000 participantes.

CATEGORIA ABSOLUTA FEMENINA

1.- RocioAlvite Ferreiro                  Club Atletismo Sar

2.- Elena Veres Ojea                      SD Compostela Atletismo

CATEGORIA ABSOLUTA MASCULINA

1.- Amador Pena Torreira              SD Compostela atletismo

2.- Manuel Castiñeira                    SD Compostela atletismo

CLUBS ABSOLUTO FEMENINO

1.- Club Atletismo Sar                    2687 puntos

2.-SD Compostela Atletismo         2219 puntos

3.- Asociación deportiva Olimpia             1145 puntos

CLUBS ABSOLUTO MASCULINO

1.-Club Atletismo Sar                                 4007 puntos

2.-SD Compostela Atletismo                    1984 puntos

3.- Asociación deportiva Olimpia                         972 puntos

CLUBS MENORES FEMENINO

1.- Club Atletismo Noia                              6055 puntos

2.-Asociación Deportiva Olimpia             3970 puntos

3.-SD Compostela Atletismo                    2857 puntos

CLUBS MENORES MASCULINO

1.- Natación Ribeira                                               3145 puntos

2.- Asociación Deportiva Olimpia                        2848 puntos

3.- SD Compostela Atletismo                    1961 puntos

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.