“Lugo Monumental” – Xulio Xiz

28 Xullo 2023

Gerald Denley, escritor inglés en galego, dedicoulle un poema ao bosque de piñeiros de Valdoviño no que se construíu a urbanización O Piñeiral. Algo así podería ter pasado coa praza onde a tradición indica que predicou Domingo de Guzmán baixo unha gran árbore, se Lugo Monumental calase, os lucenses nos conformásemos, e a pedra triunfase sobre o verde.

Os humanos podemos ser peóns, automobilistas, ciclistas, motoristas ou patinetistas. Como peón, desfruto e admiro as zonas peonís, sabéndoas parciais por ter que compartilas con residentes, repartos, servizos públicos e kamikaces. Como condutor, súfroo en propia carne, sabendo que a cuestión é dificultar a condución para converternos en peóns.

O proceso de peonalización, que coincide coa miña evolución camiñante, sorpréndeme polos resultados e a acomodación popular á desaparición do automóbil da vida urbana, despois de que tanto nos custase motorizarnos.

Diante do proxecto de reforma de Santo Domingo, Lugo Monumental tocou a rebato as campás dixitais, conseguindo en poucas horas que máis de mil lucenses nos pronunciásemos en contra, seguindo con asinamentos físicos sobre un tema que afecta ao corazón lucense.

Lugo Monumental é moito máis ca unha asociación de empresarios, e este “movemento de peón” é boa proba. Están á que salta, e este era un salto importante para unha praza simbólica no centro lucense. A definitiva praza de San Domingos é para sempre; lóxico que se pense con calma. Lugo Monumental tiña algo que dicir e, ao dicilo, fíxonos tomar postura, deixando de ser “peóns” para ser conscientes peóns.

Outros artigos

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ónega” – Xulio Xiz

“Ónega” – Xulio Xiz

Ónega e máis eu eramos do 47. En Pol como en Vilalba o párroco emitía os certificados de boa conduta espiritual, e o alcalde e xefe local do Movimento de Afección ao Réxime, e sen eles non eras ninguén. O único local que os rapaces tiñamos para o lecer era o do Frente...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.