José Antonio Álvarez Vidal toma posesión como presidente de Portos de Galicia

04 Xullo 2023

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu hoxe a toma de posesión de José Antonio Álvarez Vidal como novo presidente de Portos de Galicia, ente dependente da Consellería do Mar que xestiona os 122 portos de titularidade autonómica existentes na comunidade. Por iso, no acto participou tamén o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, que desexou a este ferrolán a maior das sortes na súa singradura á fronte deste organismo vital para o desenvolvemento económico das zonas costeiras e a xeración de emprego e riqueza nelas.
José Antonio Álvarez, que releva no cargo a Susana Lenguas, é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e completou a súa formación universitaria cun Máster en Recursos Humanos da Universidade Pontificia de Comillas. Nos últimos anos foi xefe territorial na Coruña da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, cargo que desempeñara anteriormente no mesmo departamento, pero con outra denominación como consecuencia das distintas remodelacións do Executivo galego. O novo presidente de Portos prometeu na súa toma de posesión compromiso e traballo intenso para seguir impulsando os peiraos galegos e mellorando a vida de todas as xentes da Galicia costeira.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...