“Goberna quen acade maioría parlamentaria, non quen gañe as eleccións”. Antón Luaces

31 Xullo 2023

O artigo 99 da Constitución estabelece o procedemento para a elección do presidente do Goberno español. En njngún otro caso se mencjona a posibilidade de que goberne a forza política ou partido gañador/a das eleccións. 

Malia estar tan claro, Núñez Feijoo mantén a tese de que, dado que é o gañador das eleccións so pasado 23X, el e só el é o millor candidato posible para gobernar. De feito, nunha carta enviada ao secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, Feijoo asegura que “ao longo de toda a nosa historia democrática, sempre se recoñeceu que a forza política gañadora nas eleccións xerais é a que debe gobernar”.

Matiza o presidente conservador: “gañadora nas eleccións xerais”…

Alberto Núñez Feijoo erra: no  ten en conta que a española é unha democracia parlamentaria que outorga o goberno ao candidato que reúne  máis apoios na Cámara baixa. No caso do PP, de se confirmar que dispón dos apoios de VOX e UPN para formar un  hipotético goberno (Coalición Canaria xa anunciou que non pactará se Feijoo recorre a pactos con VOX e SUMAR) nunca sumaría os votos necesarios se o PSOE certifica oficialmente os de SUMAR, ERC, PNV, EH Bildu, BNG e JUNTS e os propios para dispoñer dos escanos precisos para conformar un Goberno de maioría no Congreso.

Tanto custa entendelo, tanto apetece mandar como para ignorar os elementos esenciais do ser ou non ser goberno?. Como pode non entender Feijoo que se lle negue unha maioría que, agora mesmo, non ten e que a Constitución fixa como cuestión ineludible para gobernar?. Con que valor solicita Feijoo aquilo que o seu partido negou aos gañadores de eleccións autonómicas en, por exemplo, Extremadura?. So polo matiz diferenciador de ser el gañador das verais?….

   Cada quen escribe a súa historia.  

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.