“Galicia asume a descarbonización da frota pesqueira, pero con condicións”. Antón Luaces

18 Xullo 2023

O sector pesqueiro e acuícola debe avanzar na descarbonización para evitar a súa dependencia de combustibles fósiles e acadar ser máis sostibles e competitivos. Esta transición enerxética é un dos aspectos clave na Axenda da Presidencia española da UE e un eixe fundamental  do Consello Informal de Pesca celebrado entre o luns e o martes desta semana en Vigo, no que se abordou a necesidade de que tal proceso teña presente a sostibilidade e viabilidade económica do sector pesqueiro e a acuicultura.

Galicia asume o compromiso da descarbonización da frota pesqueira sempre que esta se faga de xeito equilibrado, xusto e asumible para o sector marítimo-pesqueiro. Polo tanto, pode dicirse que a Comunidade Autónoma galega, se ben apoia a proposta, pon condicións a esa formulación descarbonizadora no ben entendido  da defensa da necesidade de fuxir de medidas en exceso medioambientalistas na xestión pesqueira, e que se teña en conta ás rexións na toma de decisións, caso evidente de Galicia como primeira rexión pesqueira de Europa.

Por outra banda, o presidente da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, Pierre Karleskind, coñeceu este martes en Vigo a preocupación de Galicia ante a forte deriva medioambientalista da Comisión Europea que se reflicte en restricións á actividade pesqueira como o veto  á pesca de fondo decretada o pasado ano en 87 zonas de augas comunitarias e os seus plans para restrinxir  aínda máis a pesca de arrastre.

Foi o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, quen  lle trasladou esta inquedanza e quen defendeu a necesidade de que Bruxelas teña en conta a realidade das rexións pesqueiras á hora de lexislar e de tomar decisións que afecten á actividade da frota baseándose en estudos serios e rigorosos.

Na reunión celebrada o martes pola tarde co responsable da Comisión de Pesca da Eurocámara, Alfonso Villares fixo fincapé nestes asuntos, cadrando coa Xuntanza  Informal de Ministros de Pesca da UE para debater sobre a descarbonización dos buques de pesca.

En relación con normativas como a prohibición da pesca de fondo, o conselleiro lamentou a falta de avaliacións rigorosas sobre o seu impacto e transmitiu ao presidente da Comisión de pesca da UE que a Xunta vai seguir a defender os intereses da frota a todos os niveis para garantir  o futuro da actividade pesqueira. Proba delo é o recurso presentado pola Organización de Produtores Pesqueiros de Burela contra o vento á pesca de fondo no que a Xunta de Galicia foi admitida recentemente como parte coadxuvante polo Tribunal Xeral da Unión Europea.

A Administración galega traballará tamén para frear as pretensións de Bruxelas coas restruicións á pesca de arrastre que recolle o Plan de Acción sobre os fondos mariños, no que Galicia pide á Comisión Europea que escoite ao sector  e aos Estados membros para tomar decisións que atendan ao equilibrio entre os aspectos medioambientais e socioeconómicos, o mesmo que noutras cuestións como a Lei de Restauración da Natureza que está en tramitación e que na súa redacción actual levarfá a ujnha menor produción de alimentos en Europa elevando máis os seus prezos. Neste ámbito, a comunidade galega agarda que as distintas autoridades españolas e europeas realicen as xestións oportunas  para que se rfeformule a proposta e se garanta a seguridade alimentaria e o futuro do sector primario.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.