Este xoves comezan as Festas da Virxe do Carme de Rianxo

11 Xullo 2023

Este xoves 13 de xullo comezan en Rianxo as agardadas Festas na Honra da Virxe do Carme, que achegarán catro días de troula na parroquia (até o domingo 16 de xullo) cos que “dar a benvida ao verán na vila e no concello”. Arrincarán coa presentación dunha nova edición de RianClown (o festival de circo de Rianxo) ás 20.30 horas e proseguirán, pola noite, cunha verbena a cargo das orquestras Charleston Big Band e Os Satélites.

Ao día seguinte, venres 14, teremos un concerto da Banda da Escola de Música de Rianxo (no Campo de Arriba ás 12.30 horas) e unha sesión vermú con Solara ás 14.00 horas. Ás 21.00 está prevista unha nova actuación de RianClown e ás 22.30 unha dupla sesión de verbena con Solara e Saudade.

O sábado o listón da troula seguirá alto con Platinium (sesión vermú), con Brincadeira (ás 21.00 horas na praza da Igrexa) e novamente con Platinium e Royal Espectáculo (a partir das 22.30 horas).

O domingo arrincará cunha alborada de Vai de Roda e seguirá con máis actuacións de RianClown, para proseguir cun concerto de A Tajea (ás 12h no Campo de Arriba), cunha sesión vermú do Grupo Mar de Arousa, unha misa cantada pola Coral Abraira de Asados, unha procesión da Banda Virxe do Carme de Ferrol e un concerto de Treixadura (ás 22.30 horas).

​​​​​​Máis información no Facebook da Virxe do Carme de Rianxo, entidade organizadora dos festexos coa colaboración do Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

A frase non é -que máis quixera!- da miña autoría. Pertence ao escritor monfortino Lois Diéguez, quen na contracuberta da súa obra "As voces amadas" (publicada o ano pasado) dí: "... eu non son así, eu non son un móbil nin máquina ningunha. Rebélate, pois, se tes...

“25 abril medio siglo de historia II”. Manuel Dominguez

“25 abril medio siglo de historia II”. Manuel Dominguez

El sol acaricia suavemente los cristales de la ventana, las cortinas dejan pasar un hermoso rayo de luz, llego la hora. La plaza del comercio, donde se celebrarán los actos conmemorativos, allí haciendo las líneas de un cuadrado el pueblo portugués espera, espera para...