Este xoves 13 de xullo comezan en Cabo de Cruz (Boiro) as Festas do Carme, que se estenderán ao longo de toda a fin de semana até o domingo 16. As celebracións na honra da Virxe do Carme de Cabo de Cruz arrincan este xoves 13 cunha Festa Ibicenca, a partir das 22.00 horas (Bar de Juan) e prosegue este venres cunha verbena amenizada polo Grupo Origen e La Banda de Ayer (a partir das 22.30 horas). O sábado arrincará cunha ruada a cargo de Arume e Herbaxeiros e pola noite está prevista outra verbena, desta volta a cargo da Orquesta Solara. Ao día seguinte, volven as ruadas de Arume e Herbaxeiros e pola noite programouse a actuación da Orquesta Finisterra e o DJ Matrek. O colofón das festas serán os fogos de artificio.




