Abeirada á Festa do Carme de Porto do Son, este sábado 22 vaise celebrar en terras sonenses a coñecida como Andaina do Espeto, unha camiñada na que conflúe o gastronómico, o deportivo e o festivo, e que está aberta á participación de persoas de todas as idades e procedencias. De feito, haberá ruta alternativa para nenas e nenos.
“Será un día espectacular en Porto do Son, con actividades para toda a veciñanza, dende a cativada até os máis veteranos”, sinalaron dende a organización. Haberá, como dixemos, andaina, comida e “algunha sorpresa máis”. A saída está fixada para as 10.00 horas dende a nave de usos náuticos de Porto do Son.
Reservas e información:
686 68 11 76 (09:00- 22:00 horas)
646 90 51 66 (08:00- 22:00 horas)
981 76 77 58 (08:00-14:00 horas)




