Este domingo comezaron as Festas de Santa Mariña de Xuño

16 Xullo 2023

Este domingo 16 de xuño comezou unha nova edición das Festas de Santa Mariña de Xuño, que se estenderán até este martes 18. Comezaron este domingo coas honras á virxe do Carme e coas alboradas da agrupación Rexoubeiros, cunha misa solemne, procesión, sesión vermú a cargo de Estrellamar, xogos populares e inchábeis pola tarde (incluíndo festa da escuma) e pola noite verbena con Estrellamar.

O luns, na honra de San Antonio, recunca coas dianas e alboradas de de Rexoubeiros e ao mediodía, a partir das 13.00 horas, está prevista unha misa solemne na honra de San Antonio. Logo haberá procesión e unha sesión vermú a cargo de DJ Jalaiko. Pola noite, verbena con Unión y Fuerza e a continuación sesión DJ con Planet Disco Móbil e ManuX.

As festas concluirán o martes cunha xornada completa de actividades na honra de Santa Mariña. Logo das dianas e alboradas de Chorimas, da misa e da procesión, haberá sesión vermú con Leite con Jalletas. Pola noite haberá verbena con Los Satélites.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.