“Edadismo, outro xeito de discriminación negativa social, económica e familiar”. Antón Luaces

21 Xullo 2023

Cando, a finais dos anos 70 e comezo dos 80, o mundo empresarial galego -ao igual que o do resto de España e Europa- puxo en marcha un sistema de despido “legal” dos traballadores mediante o que se pretendía -dicían-  rexuvenecer os cadros de persoal, fomos moitos os que entendimos que o empresariado daba un paso avante no súa pretensión de abaratar os custos de persoal e a redución dos de tipo social fixados por lei, chegando deste xeito a unha ampla -á vez que custotísima- dimunición dos “gastos de explotación” das empresas. 

Custosa para a empresa dado que, en moitos casos, pre-xubilar un traballador non  resultaba rendible debido a que o substituto máis novo na maioría  das ocasións non daba a mesma resposta laboral que aquel veterano xubilado antes de tempo e “feito” na propia empresa, e tamén custoso socialmente porque encher ano a ano a denominada “hucha das pensións” non era unha tarefa doada e que, para o goberno de turno, viña ser un desorbitado capítulo económico no conxunto orzamentario.

Con esta “legalidade” coa que se amparaba un despedimento que calquera tribunal podería considerar ilegal, os ollos viraron cara ao ano 1968, cando o xerontólogo e psiquiatra Rober Butler, definía como “idadismo” o conxunto destes tres elementos: as actitudes das persoas maiores, a idade avanzada e o proceso do avellamento.

Un ”idadismo” que, aínda sen pretendelo, implicaba ás ideas, crenzas e actitudes tendenciosas cara

ás persoas, pola súa idade. Mais tamén un “idadismo” institucional, con aplicación de servizos e normas que discriminan aos maiores, afectando negativamente á saúde destes, porque a idade avanzada, xunto a carencia de recursos económicos e culturais, o xénero e mesmo a etnia poden danar a saúde dos maiores.

A Organización Mundial da Saúde (OMS) define como “idadismo” aos estereotipos, prexuizos e discriminación contra as persoas pola súa idade, con directa repercusión na saúde (depresión), traballo (prescindir dos maiores para introducir xoves e modernos), economía (perda de máis do 50% dos seus emolumentos), familia, amor e sexualidade.

Están en contra do “idadismo” aqueles que promoven ou apostan polo alongamento en España da idade laboral ata os 70-72 anos sen rectificar en absoluto ese outro estadio para os traballadores que é a pre-xubilación  que non se prohibe?.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.