O domingo comezará o día con néboas e nubes baixas que se irán desfacendo co avance da mañá para deixar o ceo pouco nubrado ou despexado. As temperaturas mínimas sufrirán un moderado descenso, mentres que as máximas se manterán sen cambios significativos na metade norte e experimentarán un lixeiro ascenso no resto. O vento soprará frouxo de compoñente norte, con intervalos moderados no litoral das Rías Baixas.
| Temperatura do aire (°C) | MINMAX 16° 26° |
| Temperatura da auga (°C) | 16° |
| Índice ultravioleta máx. | 8 |

meteogalicia
O noso mar: Vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 2 a 3 á mañá, 3 a 4 á tarde e 2 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá e á noite e marusía á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá, 1.5 a 2 metros á tarde e 0.5 a 1.5 metros á noite.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 02:34 | 3.1 m |
| Baixamar | 08:41 | 1.1 m |
| Preamar | 14:59 | 3.3 m |
| Baixamar | 21:17 | 0.9 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 02:25 | 3.0 m |
| Baixamar | 08:34 | 1.1 m |
| Preamar | 14:52 | 3.3 m |
| Baixamar | 21:09 | 1.0 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 02:30 | 3.1 m |
| Baixamar | 08:40 | 1.1 m |
| Preamar | 14:56 | 3.3 m |
| Baixamar | 21:14 | 0.9 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



