Dodro reivindica este 3 de agosto a súa tradición oral e cultural coa xornada “Cóntame un mundo”

31 Xullo 2023

Os concellos de Dodro e Rois forman parte dos oito municipios de toda Galicia que conforman o proxecto de recuperación de narrativa oral Cóntame un mundo (Xira galega de contadoras de historias). Logo da cita de Rois do pasado 26 de xuño, agora é a quenda de Dodro, que acolle este 3 de agosto un Encontro da Palabra, no Pavillón de Deportes, a partir das 11.30 horas. Este encontro xuntará maiores, cativada arredor da rica tradición oral do concello.

A xornada completarase cun roteiro ao serán, a partir das 20.30 horas, con saída da Eira da Lavandeira e continuando polas rúas de Imo. Será un percorrido aberto a toda a veciñanza. Este roteiro da palabra elaborarase coas achegas de todas as persoas participantes, reivindicando personaxes, lugares e casas vencelladas ao patrimonio oral de Dodro. Coma no caso de Rois, a colocación de códigos QR permitirá que este percorrido poida seguir facéndose no futuro.

A iniciativa Cóntame un mundo está impulsada polas narradoras e artistas escénicas Carmen Domech, Olga Abad, Raquel Queizás e Alba Grande. O obxectivo é “recompilar e dar a coñecer historias dos concellos participantes á vez que se tenden pontes comunicativas entre persoas maiores e novas e diferentes agrupacións sociais”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sociedad anestesiada”. José Antonio Constenla

“Sociedad anestesiada”. José Antonio Constenla

Bienaventurado el que tiene una oportunidad y la aprovecha, es lo que debiópensar Juan Carlos Unzué, ex guardameta de Osasuna, Barça, Tenerife ySevilla, cuando en una jornada organizada en el Congreso de los Diputadossobre la ELA (enfermedad que le diagnosticaron en...