“Cidadanía activa” – José Manuel Pena

26 Xullo 2023

Sería moi triste volver caer nos mesmos erros, uns quince anos despois de comezar a crise económica. En todo este tempo, todo se puxo en cuestión á hora de xestionar as diferentes situacións. Estes difíciles anos deixáronnos unha gran bolsa de pobreza e de desigualdade social, quedando fóra do sistema millóns de familias e desaparecendo a clase media.

Preferiuse rescatar ao sector financeiro, en especial á banca, con axudas directas no canto de protexer e defender ás persoas. Priorizouse o pago da débeda por diante de calquera outra cuestión, pasando por encima dos nosos dereitos máis básicos, como o dereito á alimentación, a un salario social ou renda básica, á sanidade, á educación, a un traballo digno ou a unha vivenda. Dereitos Fundamentais que se viron pisados coa desculpa da presión exercida pola ditadura dos mercados financeiros e o rescate ás entidades financeiras e fondos de investimento.

A estas alturas xa poucos poden dubidar de que é necesario unha maior participación cidadá activa e esixente; dunha maior xustiza social, baseada na redistribución da riqueza así como a construción dun mundo máis xusto, equitativo e sostible.

Recordo que cando era pequeno desexaba saber o que quería. Agora son consciente do que non quero, e desde logo non quero vivir alleo á realidade máis próxima, enfrontándome (dentro das limitacións evidentes) con compromiso e valentía ás inxustizas. Quero unha sociedade civil que non siga pecando de indiferenza ante a dor allea e que tamén se comprometa a axudar á construción dunha nova realidade, baseada na idea do propio sentido común. Nunca podemos esquecernos de onde vimos e de quen somos; se o conseguimos axudaremos a construír un mundo mellor para as futuras xeracións.

Outros artigos

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

+

“José María Barreiro, 86 años de luz y amistad”. Alberto Barciela

Hoy cumple 86 años José María Barreiro, el pintor de la Galicia más colorista, un artista capaz de convertir la luz en emoción y de encontrar en los paisajes, en las gentes y en la vida motivos para crear belleza. Pero, por encima de su extraordinario talento, para mí...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

El poeta ourensano Alberto García Ferreiro, contemporáneo de Curros y Pondal, era unadmirador de A Coruña a la que dedicó el poema “Ben te vin” en el que resalta labelleza de la ciudad que pone a nivel del Paraíso celestial después de pedir a San Pedroque no escuche...

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

Cuando un autor te deja tan buen recuerdo con sus obras anteriores, uno siempre está dispuesto a seguir leyéndolo. Esto es lo que me pasa a mí con Juan Pedro Delgado Espada, a quien sigo desde aquel Mosquetero del Rey. Ahora he vuelto a disfrutar mucho con sus dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.