
Non me teño por un derrotista ou un negativista, mais os anos acumulados, as experiencias vividas de perto ou de lonxe e que evidencian modificacións impensables no devir destes meus xa moitos anos -sesenta deles informando día a día dos acontecementos- permiten que teña na cabeza unha “base de datos” o suficientemente ampla como para entender que aqueles que negan todo e aos que nada se lles pode rebater, están errados (moito me temo que por conveniencia) e que o tempo de vagar vai ser máis ben curto se o que se pretende é non dar créto ás evidencias.
Nacín catro anos despois de oficialmente rematada a guerra civil española. Souben da II Guerra Mundial, das bombas atómicas sobre Xapón, da guerra de Corea, da guerra que inicialmete foi de Indochina para ser máis tarde de Vietnam, da tensión cubano-americana-rusa, do habido e por haber entre a China nacionalista e China, os enfrontamentos entre India e Paquistán, das tensións no seo da URSS (con Hungría, Polonia e Iugoslavia polas entremedias), as escaramuzas militares entre Marrocos e España, a guerra das Malvinas, a invasión da Granada suramericana, a Guerra dos 6 días no Oriente Medio, a intervención estadounidense de Panamá. as guerras de Irán, Iraq, Iemen, Angola. Congo…. que nos conduciron á de Rusia-Ucraína (entre outras moitas interminables), o que fai que a mochila persoal estea ben cargada de motivos ou acontecementos que convidan a crer que non imos ben e non sei coln c erteza cara a onde.
Uns apuntamentos deste mesmo ano: xuño (un tornado sen precedentes -o segundo na mesma semana- ocasionou mortes e devastación en Matador (Texas). Xuño: científicos advirten que estamos nun evento de “sexta estinción masiva” de especies impulsada polos seres humanos. Xullo: choivas torrenciais anegan zonas de Bpstpn (despoliks de o facer en Italia, Francia e Alemaña, e lume descontrolado no sur de Europa e norte de África….
Xa, xa séi que no todo isto é natural; pero sí que contribúe a ese anunciado cambio climtáico contra o que pouco ou nada facemos para, cando menos, tentar evitalo e calar dunha vez a cantos negan os cambios que o clima nos trae grazas, na maioría dos casos, a acción humana que os negacionistas nen siquera recoñecen.



