Este mércores 26 de xullo presentouse en Ribeira a quinta edición do evento deportivo-solidario Arousaman-Arousawoman, que se celebrará o sábado 29 de xullo e na que 44 deportistas cruzarán a nado a ría de Arousa. Sairán da praia de Confín, no Grove, ata chegar á praia de Coroso, en Ribeira.
Esta proba servirá para recadar fondos e visibilizar as persoas que teñen dano cerebral adquirido.
No acto estiveron presentes o alcalde de Ribeira Luís Pérez, o concelleiro de Deportes Xabier Vidal, Manolo O Nacho con DCA, a presidenta da asociación Sarela Concha Otero, Juan Ramón Martínez organizador da proba e nadadores como Victor e Sara Fernández, Agurtzane Domingo.
Dende a organización da proba lembraron que é posíbel colaborar coas asociacións de persoas con dano cerebral a través da Fila 0 das probas Arousaman e Arousawoman.




