Carmen Sampedro doa unha obra súa ao Concello de Ribeira

29 Xullo 2023

Este venres 28 de xullo a artista Carmen Sampedro fixo unha doazón dunha das súas obras para o Concello de Ribeira. 

Antía Alberte Maneiro, concelleira de Cultura, encargada de recepcionar a obra, dedicoulle  unhas palabras de agradecemento no Lustres Rivas.

A concelleira asegurou ver nas instalación do concello moitas obras de arte algo “que fai que me decate da inmensidade de artistas cos que conta o noso concello, o cal me enche de orgullo e de honra”. 

Alberte Maneuro argumentou que esa nova obra que se incorpora ao patrimonio público estará a bo recaudo nun bo lugar para que os ribeirenses poidan desfrutala. “Esta paisaxe, que para nós non precisa título, resulta digna de ser admirada eforma parte de todos nós”.

Carmen Sampedro contaba con outra exposición no Lustres Rivas de carácter  máis intimista,  pois  formaba parte duns poemas que acompañaban as obras Ecléctica. Serie Ina, pintura e poesía,  mais decantouse pola obra presente na fotografía “Pedra da Rá”, debido ao significado especial que ten para o nosa contorna.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.