Boiro acolle este 25 de xullo unha festa de Bailes Tradicionais e pola noite o concerto de América

24 Xullo 2023

Este martes 25 de xullo vainos deparar en Boiro dúas importantes citas culturais. Por unha banda temos a xornada festiva de Bailes Tradicionais que se celebra na praza do Centro Social a partir das 20.00 horas, con actuacións de música e baile galego de tres agrupacións locais: o Grupo de Abanqueiro, o Grupo de Baile e Música Tradicional Xilbarbeira e o Grupo de Baile e Música Tradicional Abeloura.

A maiores e xa pola noite, a partir das 22.00 horas, o Grupo América ofrecerá un concerto no parque da Cachada a partir das 22.00 horas. América é unha histórica banda galega xurdida en Vigo hai xa 45 anos (con 5.000 concertos rexistrados ao longo da súa frutífera e longa traxectoria artística). A interpretación en directo, vocal e instrumentalmente, e unha coidada escolma de repertorio, ademais dun gran esforzo nos medios técnicos, caracterizan a contribución de América de Vigo á tradición de música en vivo sobre os escenarios de múltiples vilas e cidades da xeografía galega e estatal. Neste intre a banda (recentemente renovada con talento novo) atópase mergullada na súa xira On the run.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.