As Festas de Verán de Ribeira terán a Fran Sieira como pregoeiro

20 Xullo 2023

As festas de verán arrincarán o 2 de agosto e prolongaranse ata o 6, cun día a maiores, o luns 7, dedicado aos máis pequenos quenes poderán gozar das atraccións a prezos populares.

O bailarín local Fran Sieira será o encargado de dar lectura o pregón desde o balcón da casa do concello ás 22 horas do mércores . A principal novidade este ano será a recuperación do combate naval.

O concelleiro de Festexos, Francisco Suárez-Porta, destacou que a sesión pirotécnica terá lugar na zona de O Touro e explicou que o espectáculo desta edición será un avance do que se poderá ver no futuro, posto que a falta de tempo debido ao atraso que sufriu a toma de posesión do novo executivo impediu abordar unha transformación integral do espectáculo, que xa estaba contratado.

A música contará coas orquestras París de Noia, Olympus, Foliada de Ases, Compostela e Finisterre; así como un concerto a cargo do grupo Milladoiro, que terá lugar o sábado. Haberá tamén senllas discotecas móbiles o xoves e o sábado, mentres que o venres terá lugar unha nova edición do Urban Fest, un festival de música disco que situará sobre o escenario a Do Porto, Dumore, Enter, Rokiño e DT9.

Nesta edición cobrarán protagonismo os pasarrúas e tamén en concertos diúrnos como o espectáculo de danza da compañía de Fran Sieite, Neutrx.

Remitida

O acto de presentación do programa contou coa presenza do alcalde, Luís Pérez, que manifestou que aínda non existe confirmación por parte de Portos, sobre a autorización da instalación de atraccións na zona portuaria. O rexedor sinalou que se fixo un esforzo extra para enviar a documentación requirida e tamén a xustificación do grave prexuízo que ocasionaría unha negativa, polo que se mostrou optimista.

Sobre o cartel de actividades, destacou a inclusión de sesións vermú en determinados barrios da cidade, sinalando que a idea é continuar por esta liña para edicións futuras, asegurando que as festas non deben limitarse só ao centro da cidade. O presidente da comisión de festas, José Alonso, aludiu á colaboración de Amas de Casa e Alfaia na celebración da misa do Carmen.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Armarse para la paz por miedo al invasor Putin”. Manuel Velo

“Armarse para la paz por miedo al invasor Putin”. Manuel Velo

Después de cientos de años no aprendemos nada y seguimos la misma dinámica de guerras, en vez de llegar a acuerdos para construir en vez de destruir. Parece una contradicción que haya que armarse para la paz por miedo al invasor como Putin. Cuanto más poder tienen más...