As eleccións poderán seguirse a través das súas aplicacións móbiles oficiais

22 Xullo 2023

Os cidadáns interesados no escrutinio nas pasadas eleccións municipais atoparon como a páxina web oficial dos comicios experimentaba serios problemas técnicos, aínda que as aplicacións móbiles oficiais non tiñan problemas para operar, de aí que para a xornada electoral este domingo, aparte da páxina web oficial, parece atinado recomendar a instalación da aplicación oficial desenvolvida polo Ministerio do Interior para Android e para iOS, que ofrecerá información destacada durante a xornada electoral, permitirá consultar en tempo real o escrutinio para o Congreso e o Senado, e incluso conta cun simulador de maiorías no que podemos seleccionar posibles pactos entre candidaturas para saber se poderían conformar goberno.
Sobra dicir que toda esta información tamén estará dispoñible a través dos principais medios de comunicación do Estado, con cadanseu especial informativo, pero o uso das aplicacións móbiles do Ministerio do Interior permite afondar no detalle dos resultados, o que agradecerán moitos cidadáns interesados en coñecer, por exemplo, o escrutinio da súa mesa electoral en concreto.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...