Alecrín organiza novos obradoiros estivais de baile na nosa comarca (no Son a partir deste 20 de xullo)

19 Xullo 2023

A entidade Taller Alecrín vai organizar nos nosos concellos novos obradoiros monográficos de baile durante este verán. Desenvolveranse entre o 15 de xullo e o 4 de agosto. Traballarase cun amplo e variado abano de estilos: linedance, swing, disco-funky, SBK, ritmos latinos e tango arxentino. As actividades formativas levaranse a cabo en Ribeira, Rianxo, Porto do Son e Boiro, grazas á colaboración destes catro concellos.

En concreto, desenvolveranse nos seguintes emprazamentos: Restaurante Cascada (Ribeira), Cuartel Vello (Rianxo), Aula de Música de Aguiño (Ribeira), Casa da Cultura de Queiruga (Porto do Son), Centro Sociocomunitario (Pobra do Caramiñal), Centro Social de Oleiros (Ribeira), Casa da Cultura de Portosín (Porto do Son) e A Pousada da Galiza Imaxinaria (Boiro).

No caso de Porto do Son as actividades impartiranse como dixemos nas Casas da Cultura de Queiruga e Portosín os xoves de 20:30 a 23:00 horas.

-20 de XULLO >> Casa da Cultura de Queiruga de 20:30 a 23:00

Linedance Disco-Swing-Funky (Inscrición individual)

-27 de XULLO >> Casa da Cultura de Portosín de 20:30 a 23:00

Ritmos Latinos (Inscrición en parella)

-3 de AGOSTO >> Casa da Cultura de Queiruga de 20:30 a 23:00

Linedance Disco-Swing-Funky (Inscrición individual)

Información e inscricións no teléfono 698 150 432.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.