Alecrín achega este verán novos obradoiros de baile na nosa comarca (en Rianxo a partir deste 18 de xullo)

18 Xullo 2023

A entidade Taller Alecrín vai organizar nos nosos concellos novos obradoiros monográficos de baile durante este verán. Desenvolveranse entre o 15 de xullo e o 4 de agosto. Traballarase cun amplo e variado abano de estilos: linedance, swing, disco-funky, SBK, ritmos latinos e tango arxentino. As actividades formativas levaranse a cabo en Ribeira, Rianxo, Porto do Son e Boiro, grazas á colaboración destes catro concellos. En concreto, desenvolveranse nos seguintes emprazamentos: Restaurante Cascada (Ribeira), Cuartel Vello (Rianxo), Aula de Música de Aguiño (Ribeira), Casa da Cultura de Queiruga (Porto do Son), Centro Sociocomunitario (Pobra do Caramiñal), Centro Social de Oleiros (Ribeira), Casa da Cultura de Portosín (Porto do Son) e A Pousada da Galiza Imaxinaria (Boiro).

No caso de Rianxo, as clases levaranse a cabo no Cuartel Vello en horario de 21.00 a 22.30 horas. O 18 de xullo celebrarase un obradoiro de linedance e o 1 de agosto de salsa, bachata e kizomba. A asistencia é de balde previa inscrición no teléfono de Alecrín 698 150 432.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.