A Xunta asume as competencias no espazo marítimo terrestre

04 Xullo 2023

O Parlamento de Galicia aprobou a nova lei do litoral, que contempla a asunción por parte da Xunta das competencias en xestión do espazo marítimo terrestre, definidas no Estatuto de Autonomía e que o Goberno galego quere empezar a exercer unha vez reciba os medios, tanto persoais como económicos, para facelo de mans da Administración do Estado.

Os votos do grupo maioritario, o PPdeG, bastaron para que o texto elaborado pola Xunta e “consensuado” con “concellos, sector pesqueiro e mar-industria e universidades” saíse adiante no pleno ordinario que este martes arrincou no Pazo do Hórreo.

A lei recibiu luz verde sen votos en contra, xa que os grupos da oposición, BNG e PSdeG, optaron pola abstención entre críticas aos populares pola forma de tramitala.

Os nacionalistas, a través da deputada Alexandra Fernández, cualificaron de “oportunidade perdida” a reformulación normativa, que consideran que achega “máis ruído que solucións” pola súa “indefinición” en asuntos importantes para a asunción das competencias. Pola súa banda, os socialistas, que primeiro anunciaron que apoiarían a lei para despois rectificar e avanzar a súa abstención, lamentaron a forma de tramitar o texto polo grupo maioritario.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...