A veciñanza de Corrubedo concéntranse nas portas do Parlamento para reclamar un médico a tempo completo e todos os días (tiveron o apoio dos socios do Concello)

13 Xullo 2023

Unha numerosa representación de veciños e veciñas de Ribeira concentráronse este xoves 13 de xullo nas inmediacións do Parlamento galego para reclamar a dotación dun médico/médica no Centro de Saúde de Corrubedo, a tempo completo e todos os días. Na concentración, apoiada pola cidadanía de Ribeira e os grupos de Goberno no Concello (BNG, PBBI e PSOE), as persoas convocantes recordando que as veciñas e veciños de Corrubedo que precisan atención médica “deben desprazarse a Ribeira cun servizo sanitario xa mermado pola falta de recursos e medios humanos”.

No transcurso da concentración, o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, lamentou que a Consellería de Sanidade “continúe castigando aos veciños e veciñas de Corrubedo” tras oito meses sen médico, a tempo completo “e todos os días”. Neste sentido, reclamou unha reunión urxente da nova Corporación municipal de Ribeira cos responsábeis de sanidade co fin de acadar unha solución.

Pérez Barral recalcou que “Corrubedo é unha parroquia rural de 600 persoas situada a unha distancia considerábel do centro de Ribeira” e “non podemos”, dixo, “obrigalas a desprazarse para seren atendidas no Centro de Saúde de Ribeira, xa de por si mermado pola falta de persoal, e de feito conta na actualidade coa metade de traballadoras e traballadores que lle corresponden”.

Luís Pérez Barral reclamou “unha reunión urxente” entre a nova corporación municipal e a Consellería de Sanidade para “incrementar os medios materiais e persoal e garantir unha atención médica de calidade a toda a poboación de Ribeira” e avanzou que “o Concello xa mostrou toda a súa disposición para colaborar con Sanidade en todo aquilo que solicite co fin de resolver este grave problema”.

O alcalde reiterou que o “déficit de medios e persoal” está causando graves dificultades á poboación de Ribeira e pediu “aos responsábeis de sanidade” que escoiten “o clamor da veciñanza para mellorar un servizo básico e garantir o dereito a seren atendidos pola sanidade pública galega e con calidade”.

Pola súa parte, a deputada e portavoz de sanidade hospitalaria do BNG Iria Carreira que acompañou ao alcalde nacionalista e a veciñanza na concentración, lembrou que o BNG formulou varias preguntas ao Goberno en comisión parlamentaria e en pleno para dotar de facultativo o Centro de Saúde de Corrubedo. Sinalou que malia as reiteradas peticións “o conselleiro de Sanidade non se pronunciou de xeito favorábel sobre esta dotación”.

Outros artigos

Ribeira prepárase para unha nova edición do IV Ciclo da USC

O Concello de Ribeira mantén aberto o prazo de matrícula da IV Ciclo da USC ata o 24 de xullo; unha acción formativa dirixida a alumnado maior de 50 anos, tal e como indicou a concelleira de Educación, Nucha Brión. Segundo manifesta a edil, "nunca é tarde para seguir...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.