
Antón Luaces.- A primeiras horas da mañá deste luns. 3 de xullo, está prevista a chegada ao porto irlandés de Castletownbere do palangreiro de fondo “Nuevo San Juan”. Os 15 tripulantes deste pesqueiro con base en Burela foron rescatados polo tamén pesqueiro galego “Nuevo Confurco” das dúas balsas salvavidas que ocupaban e nas que abandonaron o palangreiro a causa dun incendio declarado a bordo do mesmo arredor das 7 desta mañá.
Polo coñecido ata o de agora, a causa do incendio poido ser un cortocircuito. O lume provocado espallóuse con grande rapidez pola práctica totalidade das dependencias do palangreiro cuxo peixe obectivo era a pescada en augas de Gran Sol.
A súa tripulación foi rescatada san e salva ás nove da mañá deste domingo polo pesqueiro vigués “Nuevo Confurco” previo contacto do barco incendiado con Salvamento Marítimo quen, ao atoparse o palangreiro en augas de responsabilidade SAR británicas, asumiu a responsabilidade do salvamento se ben este non chegou a facerse efectivo debido a que o “Nuevo Confurco”, que faenaba en augas próximas, actou con grande rapidez e profesionalidade. Este mesmo buque recuperou, as balsas salvavidas utilizadas polos mariñeiros do palangreiro burelense.
O “Nuevo San Juan”, devorado polas lapas afundiu rápidamente .






