A Sala-Museo Municipal de Ribeira conta cunha nova vitrina con pezas que recollen “O vestir dunha élite” 

21 Xullo 2023

A segunda planta do Museo Municipal de Ribeira ten unha nova vitrina permanente: “O vestir dunha elite. Unha viaxe ao século XIX”.

Todos os elementos que compoñen a colección pertenceron á tía avoa de Cristina Borrás, María Eugenia Jáudenes, unha ribeirense membro da aristocracia, a cal mantiña unha estreita relación co rei Alfonso XIII.

O acto inaugural asistiron o alcalde do municipio, Luís Pérez Barral, e a concelleira de cultura, Antía Alberte . Tamén estivo presente Cristina Borrás Paz, a donadora destas pezas, acompañada dos seus familiares: «Ribeira deume un pouquiño e así eu devólvolle outro pouquiño».

«Esta vitrina reflexa un pouco a sociedade de finais do século XIX, unha época na que as clases socias existían e dunha forma moi marcada», explicou o responsable do museo, Miguel Vidal Lojo.

Na nova vitrina pódense atopar elementos de uso cotián feitas de carey, como un calzador, un abrecartas e un peite. Tamén hai apliques, remates de macramé e, mesmo, plumas de marabú.

As pezas máis chamativas son as relacionadas coas saídas a eventos. Un rechamante chaleco aterciopelado con pedrería e plumas conxuntado cun bolso para asistir ao teatro e carnés de baile con incrustaciones douradas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.