A ribeirense Ana Peleteiro renuncia ao Mundial de Budapest: “A decisión está tomada”

31 Xullo 2023


Ana Peleteiro, que este domingo logrou o seu quinto título nacional de triplo salto na localidade valenciana de Torrent, anunciou que non participará no próximo Campionato do Mundo ao aire libre, que se disputará en Budapest (Hungría) do 19 ao 27 de agosto, para poder descansar e “gozar” da súa recente maternidade.
“Por primeira vez na miña vida escoitei aos que máis me queren e a decisión está tomada. Estou oficialmente de vacacións. E sobre todo voume a gozar da miña filla e a miña familia”, sinalou nunha carta difundida a través das súas redes sociais.
Peleteiro, que regresou o pasado mes de xuño á competición tras quince meses ausente das pistas e apenas seis despois de dar a luz á súa primeira filla, colgouse a medalla de ouro cunha marca de 14,21 metros.
A atleta galega, bronce nos Xogos Olímpicos de Tokio, insistiu en que nestes momentos a súa cabeza pídelle descansar.
“Tanto Iván -Pedroso, o seu adestrador- como eu somos moi ambiciosos e sabemos que estamos para máis, pero ás veces na vida debemos de ter os pés na terra e ser conscientes do que somos e, sobre todo, do que é verdadeiramente importante. E agora o máis importante é descansar, física e mentalmente para afrontar a próxima tempada da mellor forma posible”, manifestou.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.