A rapazada dos Campamentos de Verán de Lousame desfrutou dunha xornada de piragüismo en Outes

20 Xullo 2023

Uns cen nenos e nenas dos Campamentos de Verán de Lousame, de idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos, desfrutaron dunha xornada de piragüismo en Outes. A expedición desprazouse en dous autobuses de Autos Comparado dende o Polideportivo Pilar Barreiro ata as instalacións de piragüismo da contorna de Pontenafonso. Durante tres horas os pequenos puideron gozar dun paseo nas piraguas, con mergullos incluídos.

A actividade desenvolveuse por quendas, así que mentres parte dos nenos navegaban pola ría, os demais aproveitaron para bañarse e xogar á pelota na beira. O obxectivo desta excursión é que a mocidade adquira e desenvolva valores como o compañeirismo, a comunicación, o traballo en equipo, a responsabilidade e o respecto. A concelleira de Xuventude e Voluntariado, Silvia Agrafojo, destacou que “a rapazada pasouno moi ben nesta saída” e aproveitou para “agradecer unha vez máis a colaboración do voluntariado xuvenil, sen cuxa participación sería imposíbel desenvolver este tipo de actividades”. Así, ademais dos monitores dos Campamentos, por cada grupo de 10 nenos e nenas estaban dispoñibles 3 mozos/as voluntarios/as.

Os Campamentos de Verán do Concello de Lousame finalizarán este venres 21 de xullo cunha gran celebración con inchables e una festa da escuma. Dende o luns 10, os nenos e as nenas desfrutaron de actividades lúdicas, culturais e deportivas na natureza, como saídas á piscina, tiro con arco, zumba e unha excursión ao Aquapark de Cerceda.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.