A Policía Autonómica comisa 362 quilos de diversas especies mariñas e 470 nasas na Ría de Arousa

28 Xullo 2023

Axentes da Policía Autonómica xunto co Servizo de Gardacostas de Galicia comisaron entre o 21 e o 30 de xuño 362 quilos de diversas especies mariñas e 470 nasas no marco dun operativo de loita contra o furtivismo no litoral da ría de Arousa. Foron 300 quilos de polbo, 40 de nécora, 20 de lumbrigante e dous de santiaguiños que se liberaron no momento da incautación.

O operativo activouse tras ter coñecemento de que varias embarcacións pesqueiras furtivas estaban a traballar de noite e sen luces na zona de San Vicente do Mar, no concello do Grove. As pescudas realizadas deron como resultado a localización de varias liñas de nasas sen identificar con diversas especies mariñas no seu interior.

Neste sentido, tanto o polbo como a nécora se atopaban nese momento en veda co obxectivo de favorecer a súa reprodución. Ademais, varias das capturas do cefalópodo incumprían o tamaño e o peso regulamentario establecidos na normativa vixente.

O operativo enmárcase no reforzo realizado pola Policía Autonómica no eido da loita contra o furtivismo, en colaboración coa Consellería do Mar. O traballo céntrase en dispositivos dirixidos a impedir a actuación dos furtivos, tanto na actividade extractiva como na venda, transporte e distribución do produto, sen as debidas garantías sanitarias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eurocopa”. Xulio Xiz

“Eurocopa”. Xulio Xiz

Noto o peso dos anos, máis ca fisicamente nas continuas referencias a tempos idos. E non porque xeneralice a bondade do pasado, que moito habería que matizar, senón porque o paso do tempo me vai permitindo comparar situacións que me parecen aberrantes. O deporte –...