
O buque-escola “Intermares” é o escenario da actividade previa á Reunión Informal Ministerial (RIM) que se puxo en marcha na tarde deste luns coa denominada “visita de cargo”, centrada na investigación e formación pesqueira, protagonizada polos ministros de Pesca da Unión Europea.
Como anfitrión do encontro, o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, deu a benvida áa delegación na que denominou “universidade frotante que contribúe coa súa actividade formativa e de investigación a unha das máximas imprescindibles para o sector: o mellor coñecemento científico para a toma das mellores decisións de xestión pesqueira”.
Durante a visita ao “Intermares”, buque propiedade do citado Ministerio que opera a Armada española, as delegacións recibiron explicacións sobre a actividade do barco, centrada na formación pesqueira de operacións relacionadas cos labores estractivos e de transformación, mediante o desenvolvemento de campañas internacionais de aprendizaxe teórica e de entrenamiento práctico.
Entre elas salientan os módulos de artes de pesca e tecnoloxía pesqueira, seguridade básica a bordo do buque, seguridade, mantemento dos servizos de máquinas, artes e técnicas de manipulación, conservación e procesado do peixe, entre outras áreas de coñecemento pesqueiro e acuícola.
O “Intermares” acubillará durante toda esta semana cursos de formación a cargo da Secretaría Xeral de Pesca en colaboración coa Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI).
O buque escola tamén realiza actividades de oceanografía e investigación en liña coas campañas de avaliación pesqueira e de cartografiado mariño que permiten datos esenciais para a tgoma de decisións en materia de xestión pesqueira.



