A Garda Civil investiga as circunstancias nas que morreu un veciño de Boiro de 43 anos, JCOT, que foi atopado cunha grave ferida na cabeza nunha beirarrúa da estrada de Espiñeira.
As infomacións da investigación indican que o home precipitouse desde o balcón da súa vivenda, aínda que a investigación céntrase en determinar se se trata dun suicidio ou se foi vítima dun homicidio. Os feitos ocorreron pasadas as once da noite do mércores, cando un particular avisou ao 112 de que atopara a un home tendido no chan e sangrando abundantemente pola cabeza.
A vítima foi trasladada a Urxencias do Hospital do Barbanza, onde faleceu poucas horas despois. O cadáver foi trasladado ao Instituto de Medicina Legal de Galicia para a realización da autopsia. De momento descoñécese se se trata dunha morte accidental, dunha morte violenta ou dun suicidio.

A vítima foi atopada tirada ao pé da súa casa sangrando abundantemente pola cabeza e faleceu no hospital ás poucas horas



