Despois de oito anos sen celebrarse regresa a Festa da Navalla de Aguiño. Este domingo 30 de xullo terá lugar a súa sétima edición. A súa celebración é froito da colaboración ofrecida polo Concello de Ribeira, a Confraría de Carreira e Aguiño e a Agrupación de Mariscadores de Aguiño, ademais da axuda de moitas empresas.
Vanse servir arredor de 1.000 racións cociñadas á prancha, ademais de caber a posibilidade de degustarse nunha paella para unhas 200 racións e tamén en empanada. Haberá ribeiros, albariños e outras bebidas.
Julio Abraldes, que era presidente da Comisión de Festas cando esta festa se celebrou por primeira vez, incidiu tamén en que estaba moi interesado en que se puidera recuperar e significou que o Concello axudou a que fose posible “dende o minuto un”. Tamén avanzou que os prezos serán “superopopulares”.




