A cooperativa xuvenil padronesa Moira, gañadora do Concurso de Proxectos Cooperativistas no sector do Marketing Dixital

14 Xullo 2023

O Pazo de Goiáns, en Boiro, acolleu a entrega de premios do Concurso de Proxectos Cooperativistas no sector do Márketing Dixital impulsado pola Deputación da Coruña, a Fundación Paideia.

Ao acto asistiron Manuel Vázquez Sesmonde, xefe do Servizo de Desenvolvemento Territorial e Transición Ecolóxica da Deputación da Coruña; José Ramón Romero, alcalde de Boiro, Eva Curto Izquierdo, representante da Fundación EOI; Xacobe Galbán Hermo, socio da cooperativa Kracia;  Isabel Pernas, socia da cooperativa Creativas Galegas; e Guillermo Vergara, vicepresidente da Fundación Paideia Galiza, acudiron ao Pazo de Goiáns de Boiro para facer entrega de premios do Concurso de Proxectos Cooperativistas.

Durante esta xornada e, con carácter previo á entrega do premio, tivo lugar a presentación dos proxectos creados a raíz da acción formativa “Marketing Dixital, Empregabilidade e Cooperativismo”.

Grazas a este programa formativo, mozos e mozas menores de 30 anos en situación de desemprego recibiron máis de 200 horas de formación impartidas por recoñecidos profesionais do marketing dixital e do traballo cooperativo, referentes tanto a nivel galego como nacional.

As formacións grupais e as titorías desenvolvéronse durante os últimos meses nos concellos de Boiro, Noia e A Coruña e contaron co financiamento do Fondo Social Europeo. Ademais as persoas participantes contaron co asesoramento da consultora Ernst & Young para o desenvolvemento dos seus proxectos cooperativistas.

Nesta edición resultou gañadora a cooperativa xuvenil padronesa Moira, creada por 5 mozos e mozas con formación e habilidades complementarias. A misión desta cooperativa é impulsar o crecemento e a visibilidade das marcas conscientes nos sectores do turismo, os produtores locais e os grupos de desenvolvemento local, a través de estratexias de marketing dixital. Procuran deixar unha pegada positiva e tanxible na sociedade, convertendo o dixital en resultados concretos e significativos.

O premio consiste en 60.000 euros para financiar a súa posta en marcha e o seu primeiro ano de actividade.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...