Aberta a Feira do libro de Rianxo

23 Xullo 2023

O Alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, inaugurou esta fin de semana Feira do Libro de Rianxo, a cal se celebra ata o martes 25 de xullo no Campo de Arriba, organizada pola Federación Librarías de Galicia e a Xunta en colaboración coa Deputación da Coruña, o Concello de Rianxo e Café Candelas.

O horario de apertura é de 12.00 a 14.00 e de 18.30 a 22.30 horas (fin de semana e festivo peche ás 14.30 horas).

As Feiras do Libro de Galicia celébranse cada ano en diversas vilas e cidades galegas, nos meses de primavera e verán, con postos de venda de exemplares xestionados polos libreiros, que se completa cunha extensa programación de actividades paralelas, como charlas, encontros con autores, espectáculos infantís, presentacións de libros etc., que fan destes eventos unha cita de alto interese cultural.

Logo do pregón do sábado (achegado pola escritora Arantza Portabales, acompañada da Agrupación Vai de Roda de Rianxo), o programa inclúe as presentacións e sinaturas de Nadindor y la leyenda de Noa (de Alba López Paredes), Hasta el infinito y más allá (Isabel Ramos), A agonía das folerpas (Óscar Reboiras), Helheim I e II (Maite Mosconi), Las tribulaciones de Bruno Lamas (Juan Galán), Puede que algún día… (Almudena Santamaría), Alma de outono (Silvia Figueiras), Velas al viento (Mingos Rial), Río adentro (Beatriz Pin), A estirpe do arcánxel (Nati Rey), Rianxo: Terra de músicos (Xesús Santos e Xosé Comoxo), A saga das curandeiras (Marisa Castro), Tam I e Tam2 e A proba da auga (Anémona de Río), Incoloro (José Malvárez), La muerte de Alicia (o el ocaso) (Ana Valín), A petición de Auli (Ramón Torrado), Voto de silencio (Andrea Fernández Maneiro), Entre nós (Emilio Castro Fustes), Cosa del Karma (Carmen Fernández), Gomets II (Sabela Cagiao), O tesouro de Rande (Alberto Hevia), A pintura de vida (Fabio Rivas), A parte dos anxos (Enma Pedreira e Carlos Lago), El oro de Himmler (Juan José Lada), Trece avisos (Paula Carballeira), El guardián de las flores (Rober Cagiao), Escachapedras (Fran Bueno) e Gazafellos I e II, Cósmico bombeiro galáctico e Trogo&dita en comandita (Fon).

Podemos consultar o programa completo no documento en liña habilitado, en formato PDF.

Participan a Libraría Pedreira, a Libraría Xacobiño, a Libraría de Rosa (Nobel Boiro), a Libraría Cándido, A Gata Tola e a Libraría Ben.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.