Un veciño de Aguiño de 67 anos de idade foi trasladado ao hospital comarcal de Barbanza tras ser atropelado cando cruzaba a estrada que discorre pola zona portuaria da localidade.
A vítima estaba a atravesar a calzada por un paso de peóns cando foi arroiado por un microbús da firma Monbus. Presentaba un golpe na cabeza e unha ambulancia do 061 trasladouno ao Centro Médico aínda que en principio o seu estado non revestía gravidade.
Ao lugar do suceso acudiron os bombeiros de Ribeira e unha patrulla da Policía Local, cuxos axentes someteron á condutora do autobús á proba de alcoholemia, cuxo resultado foi negativo.

Remitida



