140 nadadores percorrerán os 19 qm que separan a illa de Sálvora de Ribeira

05 Xullo 2023

A Xunta sinala a proba deportiva Tripla Coroa Illas Atlánticas de Galicia como exemplo do equilibrio entre a protección e os usos sostibles dos espazos naturais así como da aposta por impulsar un turismo sostible e de natureza.

Durante a presentación da proba que se desenvolverá o vindeiro 9 de setembro entre a illa de Sálvora e Ribeira, a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, salientou que esta actividade permitirá poñer en valor a riqueza natural do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, aumentar a proxección nacional e internacional deste espazo protexido e converter este desafío deportivo nunha das probas de natación de referencia en España e Europa.

A maiores, a vicepresidenta segunda, que estivo acompañada da delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, incidiu no compromiso da Xunta con actividades que contribúan a promover a responsabilidade, o respecto e a conservación da contorna así como a concienciar da necesidade de protexer o medio ambiente.

Nesa liña, ao abeiro da proba deportiva presentada hoxe desenvolveranse varias actividades medioambientais en colaboración co parque nacional: unha ruta guiada pola illa de Sálvora; un concurso de fotografía para escoller as 3 mellores imaxes da illa; unha visita guiada ao miradoiro de Ra e ao Castro da Cidá (Ribeira), e unha recollida de residuos na praia do Almacén baixo o lema Mollámonos polo medio ambiente.

Este ano celébrase a segunda proba da terceira edición da competición Tripla Coroa Illas Atlánticas de Galicia despois de que en 2022 tivese lugar a primeira actividade coa travesía entre as illas Cíes e Baiona. Nesta ocasión, os 140 nadadores participantes, que proceden de toda España (14 comunidades) e de países como Portugal, México, Andorra e Cuba percorrerán os 19 quilómetros que separan a illa de Sálvora de Ribeira.

Cómpre indicar que dos 139 nadadores que lograron completar esa primeira travesía o ano pasado estarán presentes nesta segunda proba un total de 129 que tentarán alcanzar a súa segunda coroa.

En 2024 terá lugar a terceira proba deste campionato, a máis longa das que o compoñen, na que os nadadores percorrerán 23 quilómetros entre a illa de Ons e Combarro, no concello de Poio, pasando pola illa de Tambo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.