Xoves con choiva forte a partir do mediodía e suba da temperatura

07 Xuño 2023

O xoves Galicia estará baixo os efectos dunha borrasca situada ao oeste de Portugal. Así, o ceo estará parcialmente nubrado e precipitacións de carácter treboento na maior parte de Galicia, localmente fortes. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente, mentres que as máximas ascenderán lixeiramente. O vento soprará de dirección variable, frouxo no interior, moderado na costa.

AVISO DE ALERTA AMARELA EN TODA GALICIA E CHOIVA FORTE NA COMARCA

meteogalicia

O noso mar: Vento do sur á mañá e á noite e do sueste á tarde, forza 2 a 4 á mañá, 3 a 5 á tarde e 4 a 5 á noite. Marusía á mañá e á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade boa á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do oeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar01:470.7 m
Preamar08:053.3 m
Baixamar14:030.9 m
Preamar20:253.6 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar01:410.7 m
Preamar07:573.3 m
Baixamar13:551.0 m
Preamar20:173.6 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar01:440.7 m
Preamar08:003.3 m
Baixamar13:590.9 m
Preamar20:223.6 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Venres seguimos con sol e temperaturas altas

Unha xornada máis continuamos baixo a influencia das altas presións. Con esta situación, agárdanse bancos de néboa illados en zonas de interior, que darán paso a ceos despexados, con nubosidade de evolución pola tarde no sur. As temperaturas experimentarán un moderado...

+

Xoves con col e suba da temperatura

Galicia mantense na influencia das altas presións, polo que se agarda un xoves de tempo seco e ceos pouco nubrados ou despexados. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso chegaremos ós 27 graos nas rías. O vento soprará moderado do nordés, con intervalos...

+

Martes segue o sol e lixeira baixa da temperatura

Galicia seguirá na influencia anticiclónica con réxime de ventos do nordés. Con esta situación teremos néboas en comarcas do interior e ceos moi abertos. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso máximas de 23 graos Os ventos soprarán do norte-nordés moderados, con...

+

Luns con sol e baixa das temperaturas máximas

Seguimos baixo a influencia anticiclónica pero con ventos de compoñente norte que afastarán as masas de aire cálido da semana anterior. Deste xeito agardamos néboas en comarcas do interior que se irán disipando deixando ceos moi abertos canto máis o sur de Galicia e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...