Óscar está a facer valer o seu carácter de borrasca de alto impacto. Onte deixou rexistros de choiva históricos no arquipélago portugués de Madeira, con ata 604,3 mm en 24 horas. E desde esta madrugada afecta tamén a Galicia, aínda que polo momento de maneira moito máis mitigada. A franxa atlántica galega anotou, ata primeira hora desta tarde, precipitacións de ao redor de 20 litros por metro cadrado.
A Axencia Española de Meteoroloxía (Aemet) xa activou alertas para o territorio galego. Entre as 16:00 deste mércores e as 4:00 da próxima madrugada, será a provincia de Lugo e o sur de Ourense e a súa zona montañosa as que terán avisos amarelos por precipitacións intensas, de ata 15 litros por metro cadrado nunha hora.
Este xoves a partir das 14:00, chegarán chuvascos intensos a toda Galicia. O aviso de alerta é, tamén, de nivel amarelo estenderase ata a medianoite.

As predicións da Aemet mostran as Rías Baixas e a nosa comarca nos que máis auga caerá.



