Volven a Boiro as Quincenas Fantásticas con 3.000 euros (bonos ABE) e 4 bicicletas en premios

29 Xuño 2023

A patronal boirense (ABE) e o Concello presentaron este xoves 29 de xuño os detalles dunha das grandes iniciativas anuais da asociación empresarial: as Quincenas Fantásticas, cuxa nova edición vén cun importante aumento de premios. En concreto, sortearanse 3.000 € en bonos ABE para mercar en calquera das mais de 200 empresas asociadas e 4 bicicletas, unha por quincena. As Quincenas Fantásticas deste verán foron presentadas polo presidente da ABE, Daniel García, e o alcalde José Ramón Romero. A localización elixida foi a entrada do Mercado Municipal onde están colocadas dúas lonas de gran tamaño coas fotos dos empresarios locais que protagonizan a campaña Xuntos Sumamos.

O presidente explicou que a nova campaña denominada Quincenas Fantásticas “vaise desenvolver entre o 1 de xullo e o 31 de agosto e sortearemos 500 € e unha bicicleta ao remate de cada unha das 4 quincenas, ademais como novidade desta edición un premio final de 1.000 para unha soa persoa”

García quixo destacar que “dende a ABE fixemos un esforzo por potenciar esta campaña aumentando en 1.000€ os premios da mesma sendo o total de 3.000€ mais as 4 bicis o premio mais alto na historia da asociación nunha campaña que non fora o nadal”

Para participar os clientes deben realizar unha compra en calquera dos socixs da ABE, facer unha foto do tícket ou factura e rexistrala en www.abe.gal.

Obxectivos da campaña

O presidente insistiu en que “esta campaña pretende poñer en valor os negocios asociados nunhas datas nas que Boiro recibe numerosos visitantes amosando a variedade e calidade do tecido empresarial local e o seu dinamismo ademais trata de potenciar as vendas, fidelizar aos clientes e atraer a outros novos atraídos polos premios que se sortean”.

Bicicletas e Alianza Galega polo Clima

A ABE no seu compromiso pola sustentabilidade e coidado do medio ambiente aposta polas bicicletas como premio para esta campaña dende a edición do pasado ano. Este compromiso reforezouse este mes de maio xa que foi a primeira entidade empresarial de Galicia en ser admitida na Alianza Galega polo Clima e por este motivo as 4 bicicletas que se sortearán luciran o logotipo da alianza así como o lema Cando pedaleas, todo vai sobre rodas.

Para finalizar García explicou que “a utilización do logo da Alianza é unha facultade exclusiva dos membros e serve para refrendar a aposta do noso colectivo polo medio ambiente e ademais fan que as bicis da ABE sexan únicas”.

Sorteos cada quincena

1. Tíckets rexistrados do 1 ao 15 de xullo >> sorteo o 17 de xullo

2. Tíckets rexistrados do 16 ao 31 de xullo >> sorteo o 1 de agosto

3. Tíckets rexistrados do 1 ao 15 de agosto >> sorteo o 16 de agosto

4. Tíckets rexistrados do 16 ao 31 de agosto >> sorteo o 1 de setembro

A organización reservase o dereito a mover algunha das datas do sorteo se forse preciso o cal o comunicará na web (www.abe.gal) e redes sociais.

Premios

3000 € + 4 bicicletas

500€ cada quincena + 1 bicicleta

1 premio de 250 €

1 premio de 150 €

1 premio de 100 €

1.000 € premio final entre os tíckets rexistrados en toda a campaña.

A campaña está co-financiada pola Xunta de Galicia.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.