Voluntariado de CONGALSA e Amicos xuntaron forzas este sábado para limpar de refugallos a contorna natural de Santo Isidro (A Pobra)

03 Xuño 2023

Co obxectivo de visibilizar a súa aposta pola sustentabilidade e preservación da contorna natural, a empresa alimentaria CONGALSA, con sede principal na Pobra, organizou na mañá deste sábado 3 de xuño unha actividade participativa de sensibilización e limpeza ambiental que serviu para recoller todo tipo de refugallos e, tamén, para sensibilizar sobre a necesidade de dar aos nosos residuos un correcto tratamento. Celebrouse na contorna de Santo Isidro, no Caramiñal. A xornada foi desenvolvida en colaboración co asociación da nosa comarca Amicos.

No marco desta iniciativa, durante a mañá sumáronse á xornada voluntarios e voluntarias de ambas as entidades para levar a cabo tarefas de sensibilización e limpeza. Foron máis de 40 persoas as que se deron cita neste encontro para combater o que se chama basuraleza e contribuír a reducir os residuos nos espazos naturais.

Saíron ás 10.30 horas da estación de autobuses da Pobra para desprazarse andando ata Santo Isidro. Nesta batida de limpeza recolléronse 19 quilos de plásticos, sete de mestura e tres de papel. Entre os residuos atopados recolleitos atopáronse cabichas, cordas, latas e envases de plástico.

Miguel Beiro, responsábel de Alianzas & Empresas de Amicos, agradeceu a colaboración do voluntariado de CONGALSA, xa que “as cooperacións con empresas representan un alicerce importante ao axudarnos a cumprir coa nosa máxima, que é coidar do noso, coidando dos nosos”.

Pola súa banda, Isabel Cañas, directora de Relacións Externas de CONGALSA, destacou a relevancia desta actividade ao pór en valor o compromiso da empresa coas premisas da sustentabilidade ambiental e preservación da contorna, “dúas das liñas de acción máis destacadas de cantas impulsamos en termos de gobernanza corporativa”.

A xornada deste sábado 3 enmárcase dentro da política de Responsabilidade Social Corporativa (RSC) de CONGALSA, que ten como un dos seus eixos centrais “promover un modelo empresarial que sexa respectuoso e conciliador coa sustentabilidade ambiental”. Pór en valor esta aposta constitúe, por tanto, o obxectivo da acción simbólica deste sábado, a primeira deste tipo que se pon en marcha en CONGALSA.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.