
O desgoberno nas augas internacionais debido, sobre todo, ás actividades humanas -nomeadamente á pesca ilegal- no é que teña os días contados, pero sí semella que se situación pode reconducirse após o posicionamento da Organización das Nacións Unidas (ONU) na aprobación formal do Tratado de Alta Mar que acada un acordo para a conservación e o uso sostible da diversidade biolóxica mariña en augas alleas á xurisdición nacional. Cualificado de paso “histórico” por Nacións Unidas e a UE, é máis que probable que a proteción da biodiversidade, sen estar absolutamente garantida neste momento, sí poda ser unha realidade no ano 2030 grazas a ese obxectivo consagrado esta primavera pola ONU e que estabelece un acordo que, aínda sen ser unánime (Rusia mantén discrepancias e Venezuela lembrou que non forma parte da Convención sobre o Dereito do Mar, polo que non está concernida polas súas normas) sí por en pé un ”histórico” tratado sobre a biodiversidade mariña. Este, na súa condición de instrumento internacional xurídicamente vinculante por mor da Convención das Nacións Unidas sobre o Dereito do Mar de 1982, tenta garantir a conservación e o uso sustentable da diversidade biolóxica mariña de áreas fóra da xurisdicción nacional, é dicir, acadar o 30% de Augas Mariñas Protexidas (AMP) en alta mar dentro de sete anos (tal e como acordou en decembro pasado o Cumio de Biodiversidade Kunming-Montreal).
O acordo estabelece tamén a distribución dos beneficios dos recursos xenéticos mariños e prevé a creación de capacidade e a transferencia de tecnoloxía mariña entre as partes, fixando regras claras para realizar avaliacións de ikmpacto ambiental ahtes de executar actividades en altan mar como a minería mariña.
O acordo, que entrará en vigor cando o ratiiquen 60 partes, parte do principio de que non afectará ás competencias das Organizacións Rexionais de Pesca (ORP), albisca un horizonte máis regulado para a pesca, o que fai temer ás grandes frotas -especialmente ás de China, Corea e Rusia e a UE- a estricta aplicación de normas que impida a aquelas desenvolver a súa actividade pesqueira na medida que o fan neste momento, por exemplo en aguas lindeiras coas ZEE (Zona Económica Exclusiva) que recoñece o Dereito Marítimo Internacional.
O comisario de Medio Ambiente, Océanos e Pesca xa UE, Virginijus Sinkevicius, coida que esta
é unha “grande victoria para a biodiversidade, un cambio de xogo para a proteción do Océano e o uso sostible dos seus recursos mariños”.



