Un home foi rescatado do mar por unha embarcación de recreo en Ribeira

24 Xuño 2023

Foi un particular quen puxo en coñecemento do acontecido ao 112 Galicia, minutos antes das 11 horas: un home que estaba na praia de Castro, no lugar de Aguiño, permanecía inmóbil ante os intentos do alertador para interactuar con el.

Entón, desde o 112 Galicia solicitouse a colaboración neste operativo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia, do Grupo de Apoio e Emerxencias de Ribeira e da Policía Nacional e Local.

Cando chegou ao areal, o persoal sanitario comprobou que a persoa estaba agora nadando a unha importante distancia da costa. Polo tanto, pediron a intervención de medios de rescate. 

Finalmente, un veleiro que navegaba pola zona recolleu ao implicado, visiblemente desorientado, e que sería trasladado a terra nunha lancha de rescate da Cruz Vermella e, a continuación, en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.